Creamos un xogo de Educación Viaria cos robots. Para iso deseñamos unhas plantillas con sinais de tráfico, recomendacións aos usuarios da vía pública e coa maqueta de Portas para que os rapaces de Infantil e Primaria practiquen a programar os seus robotiños á vez que interiorizan as normas básicas. O xogo consiste en poñer as tarxetas boca abaixo (segundo o grao de dificultade) e ir collendoas e movendo o escornabot ata o lugar indicado. Tamén hai tarxetas en Inglés para os máis avanzados!
Entradas
Mostrando entradas de enero, 2019
LIBROS SOBRE EDUCACIÓN VIARIA DA BIBLIO
- Obtener enlace
- X
- Correo electrónico
- Otras aplicaciones
Estes son os libros que temos na nosa biblio sobre educación viaria. Xunto cos materiais postos á nosa disposición na páxina da DGT, servirónnos para aprender unha chea de cousas sobre como actuar na vía pública xa fora como peón, na bici ou coma usuario do transporte público. Grazas a eles tamén fixemos o noso propio folleto de consellos e normas!