Creamos un xogo de Educación Viaria cos robots.
Para iso deseñamos unhas plantillas con sinais de tráfico, recomendacións aos usuarios da vía pública e coa maqueta de Portas para que os rapaces de Infantil e Primaria practiquen a programar os seus robotiños á vez que interiorizan as normas básicas.
O xogo consiste en poñer as tarxetas boca
abaixo (segundo o grao de dificultade) e ir collendoas e movendo o escornabot
ata o lugar indicado. Tamén hai tarxetas en Inglés para os máis avanzados!
Comentarios
Publicar un comentario