Tamén elaboramos unhas plantillas sobre normas básicas de Seguridade Viaria baseadas nos libros de que nos enviou a Xunta e cuxos carteis colocamos por todo o colexio.
Deseñamos unha nova plantilla de Portas para os nosos escornabots! Esta vez incluimos o campo de fútbol da Rapeira, o pabillón de deportes e unha versión mellorada do noso centro. Esperamos que vos guste!!!
Os alumnos de 4º coa profe Maricarmen deseñaron estes fermosos marcapáxinas que conteñen cadansúa norma e/ou consello relacionado coa educación viaria. Así, ademais de amosar a súa imaxinación, aprenderon a usar moi ben o procesador de textos no ordenador... Quedaron chulísimos!
Comentarios
Publicar un comentario