Para os xogos de educación Viaria de Infantil e primaria imos empregar uns robotiños bastante sinxelos que se chaman ESCORNABOTS. Para iso tivemos que montalos primeiro! As profes de Infantil levaron a cabo o traballo e neste vídeo os explican os pasos que seguiron:
Elaboramos varias plantillas de sinais de tráfico con distinto grao de dificultade para que todos os alumnos que quixeran puideran participar levando aos seus robots á casilla correspondente!
Deseñamos unha nova plantilla de Portas para os nosos escornabots! Esta vez incluimos o campo de fútbol da Rapeira, o pabillón de deportes e unha versión mellorada do noso centro. Esperamos que vos guste!!!
Comentarios
Publicar un comentario