GAÑADORES DO CONCURSO
Lois Piñón, de 4º de E. Primaria, foi o gañador do concurso da mascota de Educación Viaria con robots.
Fixo este orixinal deseño e, ademais, lle puxo un nome moi chulo: SEGURITRÓN.
Tamén decidimos dar un 2º e 3º premio, a Miguel Fernández e Daniela Constenla, tamén de 4º de E.P., pois o nivel foi moi alto e realmente foi moi difícil escoller!
Recibiron moi contentos os seus premios: un helicóptero, un balón de fútbol e un estoxo (segundo as pistas que nos deron as súas mestras!)
ENHORABOA E MOITAS GRAZAS POR PARTICIPAR!!!
Comentarios
Publicar un comentario