Entradas

GAÑADORES DO CONCURSO

Imagen
Lois Piñón, de 4º de E. Primaria, foi o gañador  do concurso da mascota de Educación Viaria con robots. Fixo este orixinal deseño e, ademais, lle puxo un nome moi chulo: SEGURITRÓN. Tamén decidimos dar un 2º e 3º premio, a Miguel Fernández e Daniela Constenla, tamén de 4º de E.P., pois o nivel foi moi alto e realmente foi moi difícil escoller! Recibiron moi contentos os seus premios: un helicóptero, un balón de fútbol e un estoxo (segundo as pistas que nos deron as súas mestras!) ENHORABOA E MOITAS GRAZAS POR PARTICIPAR!!!

X FIN TEMOS A NOSA MASCOTA!!!

Imagen
Fixemos unha exposición coas mascotas seleccionadas!!!

NOVOS VÍDEOS DE EDUCACIÓN INFANTIL

Imagen
Os alumnos de Infantil seguen a traballar a reo na Educación Viaria e xa temos novos vídeos!!

MARCAPÁXINAS COAS NORMAS DE TRÁFICO

Imagen
Os alumnos de 4º coa profe Maricarmen deseñaron estes fermosos marcapáxinas que conteñen cadansúa norma e/ou consello relacionado coa educación viaria. Así, ademais de amosar a súa imaxinación, aprenderon a usar moi ben o procesador de textos no ordenador... Quedaron chulísimos!

RECOMENDACIÓNS PARA OS USUARIOS DA BICI

Imagen
Fixemos este cartel con algunhas das imaxes explicativas que ofrece a DGT na súa web para ilustrar os consellos máis relevantes para os usuarios de bicicletas, como son a maioría dos nosos alumnos. O puxemos no corredor do cole para que estea á vista de todos!

NOVA PLANTILLA DE PORTAS

Imagen
Deseñamos unha nova plantilla de Portas para os nosos escornabots! Esta vez incluimos o campo de fútbol da Rapeira, o pabillón de deportes e unha versión mellorada do noso centro. Esperamos que vos guste!!!

SINAIS DESEÑADAS POR ORDENADOR

Imagen
Os alumnos de 4º da ESO están a deseñar cadansúa sinal de tráfico nos programas de software libre Oficce Draw e Inkscape!

CONCURSO PARA ELIXIR A MASCOTA

Imagen
Convocamos un concurso para que os rapaces do cole deseñaran unha mascota de educación viaria con robots!!! Tamén van decidir o seu nome. Haberá premio para o gañador... PARTICIPA!! !

EDUCACIÓN VIARIA EN INFANTIL

Imagen
Os marabillosos rapaces de Infantil explícannos nun vídeo todo o que aprenderon sobre Educación Viaria!!!

APRENDENDO COAS SINAIS

Imagen
Os alumnos de Infantil están a encher con cores as sinais de tráfico máis importantes. Deste xeito, á vez que aprenden seguridade viaria, melloran a súa psicomotricidade e aprenden formas e cores!!!

EDUCACIÓN VIARIA DA DGT

Imagen
Aquí deixamos a LIGAZÓN á páxina sobre Educación Viaria da DGT no que hai información, consellos e materiais didácticos para traballar cos nosos alumnos!: Libro do profesor Libro do alumno Consellos para ciclistas

OS BOLECHAS ENSINAN SEGURIDADE VIARIA

Imagen
Guías e Xogos da DGT sobre Seguridade Viaria cos BOLECHAS !!!

XOGANDO E APRENDENDO COS ROBOTS

Imagen
Os raparigos de E. Infantil aprenderon rapidamente e xa saben dirixir aos seus robotiños cara onde eles queiran! Probaron o xogo das sinais de tráfico e o das rutas por Portas e o fixeron de marabilla!!! Noraboa tamén ás súas profes!!!

PROXECTO "EDUCACIÓN VIARIA COS ESCORNABOTS"

Imagen
Neste primeiro ano da nosa participación no Programa "Bibliotecas Creativas" deseñamos un proxecto de emprego dos Escornabots relacionado coa Educación Viaria... Preme na imaxe se queres coñecer os seus fundamentos! Esperamos que vos guste e que aprendades moito!

PLANTILLAS PARA OS RANGERS

Imagen
Non foi doado decidir cal das plantillas dos Rangers era mellor para o noso proxecto! Fixemos moitos modelos e, ao final, decantámonos por unha bastante sinxela para que os robots levaran todo o protagonismo.

PLANTILLAS: ROTEIROS POR PORTAS

Imagen
Por último, deseñamos plantillas cos edificios máis coñecidos da contorna para facer paseos polo pobo! Aparecen o concello, o colexio, a estación de tren, o campo de fútbol... e moitas sinais de tráfico que hai que respectar!!!

PLANTILLAS: SEGURIDADE VIARIA

Imagen
Tamén elaboramos unhas plantillas sobre normas básicas de Seguridade Viaria baseadas nos libros de  que nos enviou a Xunta e cuxos carteis colocamos por todo o colexio.

PLANTILLAS: SINAIS DE TRÁFICO

Imagen
Elaboramos varias plantillas de sinais de tráfico con distinto grao de dificultade para que todos os alumnos que quixeran puideran participar levando aos seus robots á casilla correspondente!
Imagen
Creamos un xogo de Educación Viaria cos robots.  Para iso deseñamos unhas plantillas con sinais de tráfico, recomendacións aos usuarios da vía pública e coa maqueta de Portas para que os rapaces de Infantil e Primaria practiquen a programar os seus robotiños á vez que interiorizan as normas básicas. O xogo consiste en poñer as tarxetas boca abaixo (segundo o grao de dificultade) e ir collendoas e movendo o escornabot ata o lugar indicado. Tamén hai tarxetas en Inglés para os máis avanzados!

CALENDARIO ESCOLAR

Imagen
Este ano aproveitamos a nosa participación no proxecto de Educación Viaria para facer a portada do Calendario Escolar con este tema...  ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!!!